Lenda:

Na Casa Grande de Piñoi,  que data de 1799,  situada no corazón de Galicia e nas ladeiras da Serra do Candán, pastan as nosas ovellas.

O Regadío da Lavandeira, que bebe do río Deza, mantén as delicias dos verdes pastos nos nosos prados, celme da mimada alimentación dos ovinos.

O leite é o resultado de tan coidado proceso para facer O balido 100% de ovella.


 

Xa moldeados, os queixos O balido comezan unha curación natural, no interior do Secadoiro de pedra, onde os ventos norteños gañan protagonismo.

Os aires do Candán manteñen unha temperatura idónea no curado de cada categoría O balido.